Por E.P. | A CORUÑA | 20/10/2022 | Actualizada ás 14:23
O exdiputado autonómico Xan Xove opta a liderar a Marea Atlántica para as eleccións municipais de 2023 na cidade herculina, segundo confirmou a Europa Press e trasladou tamén por redes sociais.
"Fágoo desde a certeza de que o proxecto da Marea segue sendo imprescindible para unha Coruña mellor" e "desde a seguridade de que A Coruña coa Marea Atlántica é unha cidade mellor", sinala.
"Quero ser parte desta terceira onda mareante, que manteña todo iso en marcha e máis nun momento duro como este de involución de crise climática e social onde os nosos dereitos cada vez ven máis recortados e cuestionados", engade ao reivindicar actuacións impulsadas pola Marea Atlántica
Por iso, incide na necesidade de que siga tendo presenza no consistorio, á vez que defende o labor do grupo municipal e medidas promovidas pola Marea como a renda social municipal.
Este xoves pecha o prazo de candidaturas co que se saberá se é o único candidato. De haber máis dun candidato, o proceso de primarias para a súa elección iría por unha banda e o das persoas que conforman a lista nos primeiros postos por outro.
O anuncio de Xan Xove xa tivo resposta en redes sociais, entre elas a do exalcalde da Marea, Xulio Ferreiro. "Moitísima sorte a Xan e todas as persoas que o acompañan na candidatura ás primarias". "Non pode imaxinarse mellor candidato nin mellor equipo. Hai Marea", indica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.