Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/10/2022 | Actualizada ás 17:57
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, expresou o apoio da Xunta de Galicia á candidaturade Ponte... nas ondas! como modelo de Boas Prácticas da Unesco, que impulsa a Asociación Cultural e Pedagóxica do mesmo nome co apoio do Goberno autonómico.
Así o sinalou este venres con motivo da súa participación na iniciativa Radio do Patrimonio, un proxecto de radio escolar co que este colectivo busca implicar aos escolares na recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial.
Rodríguez destacou a traxectoria de máis de 25 anos de 'Ponte... nas Ondas', "unha iniciativa transfronteiriza que promove o intercambio lingüístico" entre centros de ensino da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e que opta a ser inscrito no rexistro de boas prácticas do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco.
Explican que se trata dunha candidatura conxunta de España e Portugal, presentada en marzo de 2021 co apoio do Goberno galeho, cuxa resolución se coñecerá na sesión que o Comité Intergobernamental celebrará en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro.
"Esperamos que a resposta sexa positiva porque este recoñecemento suporía un gran impulso internacional para favorecer os lazos da lusofonía", comentou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.