GC Aberto

Barcos de papel para patrimonio mundial

Por admin | GC ABERTO | 01/11/2022

Comparte esta noticia

O concello de Ferrol acaba de facer a botadura simbóloca de 30.000 barcos de papel para promocionar a candidatura da cidade a Patrimonio Mundial da Unesco. Nada menos que

Ferrol visibiliza a súa candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco botando 30.000 barcos de papel ao mar
Ferrol visibiliza a súa candidatura a Patrimonio Mundial da Unesco botando 30.000 barcos de papel ao mar | Fonte: Concello de Ferrol

trinta mil! Burro grande ande ou non ande.

E aí entra o decrecentismo como fondamente diferente das propostas da economía circular do capitalismo verde. Hai quen pensa, como a edil do ramo, que producir papel procedente de algas non máis que para facer un acto simbólico desas proporcións é unha iniciativa ecolóxica. E incluso considera a botadura como un proceso natural.

Que mensaxe de educación ambiental lle estamos enviando aos nenos desde as institucións? Que producir, amais un produto innecesario, non contamina? Que o proceso de producir é limpo e xebre e non consume, por exemplo, un ben tan fundamental como auga?

Hai tan pouca imaxinación para pensar nunha asociación innecesaria entre Armada e Ilustración? Tan pouco siso como para involucrar ás escolas nun proxecto Ferrol. Porto da Ilustración?

Tendo a ría máis contaminada non sería mellor proposta de candidatura sanear a ría para recuperar o ecosistema mariño implicando a mariscadores e profesionais do mar como biólogos, oceanógrafos… e facer educación ambiental co obxectivo de recuperar a ría e a economía sostivel?

Contamos contigo, disque. Non sei convosco. Comigo, non.

IOLANDA TEIXEIRO REI

FERROL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta