A mostra para celebrar o Ano Picasso na Coruña está xa na súa fase final de preparación

Os traballos dos comisarios centraranse agora na definición das ferramentas dixitais para unha mostra cun centenar de obras e que será unha das 16 grandes exposicións do programa oficial do Ano Picasso 2023.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/10/2022 | Actualizada ás 18:05

Comparte esta noticia

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantiveron este martes unha reunión de traballo co os comisarios da exposición 'Picasso, branco no recordo azul' na que a Xunta leva case dous anos traballando e cuxos preparativos, informa o departamento autonómico, entran na súa fase final.

Na reunión, participaron os comisarios Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira; a diretora do Museo de Belas Artes da Coruña, Ángeles Penas, e membros do equipo técnico-facultativo do museo.

"A cinco meses da súa inauguración, continuamos avanzando e ultimando xa os detalles da man de todo o equipo técnico", expuxo o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

A Xunta ten xa finalizada a xestión coas entidades fornecedoras de obras e definido o contido, así como avanzado no futuro catálogo.

Os traballos dos comisarios centraranse agora na definición das ferramentas dixitais para unha mostra cun centenar de obras e que será unha das 16 grandes exposicións do programa oficial do Ano Picasso 2023, segundo lembrou Anxo Lorenzo.

O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, xunto a responsables da organización dunha mostra sobre Picasso. XUNTA
O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, xunto a responsables da organización dunha mostra sobre Picasso. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta