Por Europa Press / Redacción | Pontevedra | 28/10/2022 | Actualizada ás 14:20
Os bombeiros de Pontevedra despregaron un dispositivo de procura no río Lérez por un piragüista desaparecido ao envorcar a súa embarcación.
Foi un particular que estaba a correr pola Avenida de Domingo Fontán o que viu como caía o piragüista na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo.
Segundo esta testemuña, nun primeiro momento o piragüista logrou agarrarse á embarcación pero acabou afundíndo no río.
Inmediatamente alertou ao 112 que activou o operativo de rescate no que, ademais dos Bombeiros de Pontevedra, tamén participan a Policía Local e a Policía Nacional. O 112 tamén avisou ao servizo de Salvamento Marítimo.
Tamén chegou a afundirse parcialmente a piragua baleira, que posteriormente foi recuperada polos bombeiros que a trasladaron ao pantalán do Club Náutico.
Segundo transcendeu, o piragüista desaparecido é José Manuel Penas, vinculado co Club Naval de Pontevedra e irmán da expalista olímpica Ana Penas.
MALA VISIBILIDADE
Á primeira hora da tarde deste venres, a edil de Protección e Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde, explicou que a procura continuaba "coa dificultade engadida" de que, por mor das choivas, o río baixa "con certa forza e turbio", o que dá "mala visibilidade".
Así, os servizos de emerxencias estaban axudados dun plotter e unha cámara "para poder ver por baixo da auga" e que se poida "mellorar" a visibilidade. "Pero as condicións non son tampouco as mellores", remarcou a concelleira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.