A Xunta sinala que a Fegamp "non está facultada" para fixar servizos mínimos durante a folga en axuda no fogar

Desde o executivo galego sinalan que a Lei galega de Servizos Sociais determina que son os concellos quen teñen a titularidade "da competencia na creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos, entre os que está o servizo de axuda no fogar".

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 29/10/2022 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

A Xunta replicou á Federación Galega de Municipios e Provincias que a administración autonómica "non está facultada" para fixar servizos mínimos ante a folga convocada pola CIG a nivel galego para as traballadoras do servizo de axuda no fogar.

Nunha resposta facilitada aos medios tras a petición da organización que representa as entidades locais galegas de que a Xunta establecese servizos mínimos ante a convocatoria de folga para o próximo 2 de novembro, a Consellería de Política Social rebate o argumento esgrimido pola Fegamp de que a Xunta debe establecer os servizos mínimos para esta folga.

No seu comunicado, o departamento autonómico afirma que a Lei galega de Servizos Sociais determina que son os concellos quen teñen a titularidade "da competencia na creación, xestión e mantemento dos servizos sociais comunitarios básicos, entre os que se atopa o servizo de axuda no fogar".

En virtude a isto, definede que as entidades locais "teñen a capacidade para determinar" o orzamento e as condicións laborais destes servizos, así como de "coñecer" cales son as "circunstancias concretas e necesidades" dos usuarios.

Por todo iso, a Xunta considera que son os concellos quen deben fixar os servizos mínimos porque, di, o papel do Goberno galego se limita a "participar no seu financiamiento, cubrindo aproximadamente o 70% do seu custo". Por último, a Consellería de Política Social manifestou o seu "respecto" á autonomía das partes na negociación e espera que as partes "poidan chegar a acordos".

FEGAMP

A reacción da Xunta prodúcese despois de que a Federación de Municipios e Provincias a instanse este sábado a establecer "inmediatamente" os servizos mínimos para a folga indefinida no servizo de axuda no fogar convocada pola CIG a partir do 2 de novembro.

A entidade que representa as entidades locais da Comunidade galega subliña que as leis de servizos sociais e dependencia atribúen as competencias nesta materia á Administración autonómica.

Ademais, sinalan que a convocatoria, impulsada en solitario pola CIG en protesta polas condicións alcanzadas entre patronal e os sindicatos CCOO e UGT para o novo convenio do sector, é de carácter autonómico e, por tanto, corresponde ao Goberno galego establecer as condicións para a prestación mínima deste servizo.

A Fegamp remarcou que os concellos mostraron a súa preocupación ante os posibles paros nun servizo "esencial" que atende "a máis de 24.000 usuarios de gran vulnebarilidade", polo que consideran que sería "arriscado" esperar que a Xunta fixe un "marco legal" para delegar nas entidades locais o establecemento de servizos mínimos.

A continuación, a entidade que encabeza o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, incide en que a Fegamp "leva tempo advertindo das posibles consecuencias de non emprender as accións necesarias para dar estabilidade" ao sistema de axuda no fogar que, como resalta, corresponde financiar á Xunta e ao Estado.

A conselleira de Política Social, Fabiola García.. XUNTA DE GALICIA
A conselleira de Política Social, Fabiola García.. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta