Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2022 | Actualizada ás 20:02
As tarefas de procura do piragüista desaparecido na mañá do venres no tramo urbano do río Lérez na cidade de Pontevedra foron suspendidas minutos antes das 19,30 horas.
A posta de sol noutro día anubrado en Pontevedra obrigou a interromper ata o domingo o peiteado dos fondos do río para tratar de dar co paradoiro de José Manuel Penas Balchada.
Desde primeira hora da mañá, os mergulladores do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, Salvamento Marítimo e membros dos bombeiros e da Policía Local despregáronse polo Lérez.
A turbidez da auga segue sendo un escollo para avanzar nos traballos de procura do piragüista, que foi visto por última vez na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo.
Unha persoa que se atopaba correndo pola Avenida de Domingo Fontán alertou aos servizos de emerxencia tras ver como o desaparecido caía do seu embarcanción, á que nun primeiro instante logrou agarrarse, pero non puido manterse e acabou afundíndose no río.
José Manuel Penas, cuxa piragua foi recuperada polos bombeiros horas despois da súa desapareción, está vinculado ao Club Naval de Pontevedra e irmán da expalista olímpica Ana Penas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.