Profesionais da tradución outorgan o Premio Xela Arias á Mesa pola Normalización Lingüística

O xurado valora o seu labor na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2022 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación vén de resolver por unanimidade outorgar o Premio Xela Arias nesta V edición á Mesa pola Normalización Lingüística "polo seu labor e dedicación na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda".

A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a súa app 'Abertos ao galego' con máis de 600 establecementos rexistrados
A Mesa pola Normalización Lingüística presenta a súa app 'Abertos ao galego' con máis de 600 establecementos rexistrados

O xurado considerou que esta iniciativa marca un "punto de inflexión" na conquista de dereitos do galego e unha "nova etapa que se está a abrir no ámbito da tradución audiovisual cara ao galego". O acto da entrega do premio celebrarase o 16 de decembro na Coruña.

As gañadoras das pasadas edicións foron a tradutora María Alonso Seisdedos (2018), a Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (2019), o proxecto cooperativo NUMAX (2020) e a revista científica Viceversa (2021).

A AGPTI é unha asociación fundada en 2001 co obxectivo de crear unha plataforma de comunicación entre os e as profesionais da tradución e da interpretación para a defensa do seu colectivo, ademais da difusión da lingua galega como lingua de traballo neste sector.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta