Segundo apunta o departamento autonómico de Cultura, a reunión foi unha "primeira toma de contacto" no marco das iniciativas transversais que a Xunta propón para dinamizar a lingua a través de distintos ámbitos
  comenta   0
O uso do galego nos nichos e lápidas así como noutros elementos funerarios estaba totalmente excluído dos cemiterios. Non foi até o século XXI que comezaron a aparecer as primeiras letras gravadas en mármore ou metal nos camposantos galegos e o mesmo sucedeu coas coroas e as fitas que levan atadas. Botamos unha ollada sobre un fenómeno tan recente como espontáneo
  comenta   0
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, afeou ao titular do Executivo que non teña "ningunha intención" de asegurar a presenza do galego no ensino e, en cambio, "asegure o seu descoñecemento".
  comenta   0
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca este premio para poñer en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística.
  comenta   0
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) expón que este plan non está adaptado aos avances dos últimos anos na sociedade galega, tales como a irrupción de redes sociais, a intelixencia artificial ou o aumento de poboación migrante.
  comenta   0
Así, a edil e deputada Elena Espinosa seguirá como terceira tenente de alcalde, mantendo a responsabilidade en Fondos Europeos, por ser unha "gran interlocutora co Goberno de España"; Medio; Educación, e Normalización Lingüística.
Son 24 os beneficiarios, que recibirán axudas duns 20.0000 euros, excepto un dos solicitantes ao que lle corresponden 18.000, informa a institución provincial
  comenta   0
Organizado por CIG-Ensino, a Mesa Pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, e coa colaboración de numerosas institucións.
A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS pide que se remate coas listas de agarda en Oncoloxía, o SLG quere que se elimine a burocracia no agro, a Mesa que se active o Plan de Normalización Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galicia evitar a saída de talento mozo e paliar a crise no consumo.
  comenta   0
O presidente, Luís López, compareceu este martes en rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Provincial.
  comenta   0
Promulgada a Lei de Normalización Lingüística en 1983, a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística (AFNLG) considerou oportuno mobilizar as novas corporacións locais para chegar a un pacto galeguizador. Para conseguir o obxectivo argallouse unha convocatoria á que acudiron 197 rexedores municipais.
  comenta   0
De cara ao debate que terá lugar o próximo 15 de novembro no Consello de Asuntos Xerais da UE, estas entidades galegas piden aos estados que voten 'si' ao recoñecer o galego como "garantía de futuro".
  comenta   0
O portavoz do grupo municipal do BNG, Iván Rivas, manifestouse sobre os primeiros 100 días de goberno do PP: "vemos a aprobación duns orzamentos onde a política de austeridade é a única política".
  comenta   0
Pola súa banda, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, apoiou a iniciativa e defendeu que se trata de "dereitos lingüísticos". "Os galegos debemos ser tratados con igualdade en Europa, porque non se pode entender Europa sen a diversidade de nacións e linguas dos pobos europeos", explicou.
  comenta   0
A principal asociación de defensa do galego lembra que en febreiro de 2021 foi debatida no Congreso unha proposición que desenvolvía o manifesto conxunto 'Igualdade lingüística: liberdade, pluralidade e democracia'.
  comenta   0
Na inauguración, celebrada na biblioteca da Cámara, o presidente do Parlamento autonómico, Miguel Ángel Santalices, apuntou que esta lei non é "unha máis".
  comenta   0
Está organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística, o Concello de Allariz, a Deputación de Ourense, o Espazo Ben Común e a Confederación de ANPAS galegas. A súa primeira edición será o 25 de febreiro en Allariz.
  comenta   0
O amparo legal existe. O artigo 7.2. da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística recolle este dereito: “As actuacións xudiciais de Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa”.
  comenta   0
Carme Pereiro é a coordinadora do Proxecto Youtubeiras, unha vía para a normalización do galego dentro da Rede. Na edición deste ano, Pereiro sinala a calidade dos vídeos enviados ao certame e o aumento no número de participantes. O equipo de Youtubeiras está pensado en crear un arquivo de vídeos coas diferentes temáticas para ofrecer a futuras creadoras un catálogo co que aprender e informarse sobre técnicas e historias.
  comenta   0
Ramón Piñeiro, Carlos Casares e Benjamín Casal, do sector galeguista do PSdeG, votaron a favor de Gerardo Fernández Albor. Pilar García Negro destaca o impulso "galeguista" que Casares lle deu a Lei de Normalización Lingüística.
  comenta   0
O xurado valora o seu labor na iniciativa de cambio da nova Lei Xeral do Audiovisual para conseguir que o galego teña financiamento anticipado nas producións audiovisuais.
  comenta   0
A Mesa Pola Normalización Lingüística presenta unha campaña que impulsa a súa delegación de Lemos para a normalización do galego a través dos servizos de pediatría dos ambulatorios do sur de Lugo.
A Mesa pola Normalización Lingüística manifestarase este xoves 29 de setembro ás 17 horas na ponte da Toxa co obxectivo de defender o emprego do topónimo oficial da illa, o galego.
  comenta   0
Rueda sinalou que a lingua galega define a Galicia "como pobo" e "singulariza" a súa "pegada" no mundo. Ademais, manifestou o seu compromiso co idioma da comunidade sentenciando: "Conxurámonos para que o galego, coa participación de todos, floreza durante mil primaveras máis".
  comenta   3
Durante a presentación, Valentín García comunicou que o programa se inaugurará coa peza teatral 'Tras os vieiros de Florencio', da compañía Fantoches Baj, que mostra a traxectoria profesional e persoal do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán.
  comenta   1
A Mesa pola Normalización Lingüística alíñase coa Real Academia Galega e critica que o presidente do Principado queira chamar 'eonaviego' ao galego falado nas comarcas limítrofes.
A CTNL celebra os seus 25 anos cunha serie de conversas que se subirán na súa canle de YouTube.
  comenta   0
Insisten na necesidade de incentivar o uso do galego en actividades como comedores, actividades extraescolares, ademais de reforzar os contidos de lecer.
  comenta   0
Un ano máis a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia (AFNLG) convoca por estas datas o Mes da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia. A este chamamento vánse sumando progresivamente concellos e asociacións de todo tipo, aínda que non na medida desexada; pero a constancia da pedagóxica convocatoria non ha tardar en dar seus froitos.
  comenta   0
A organización ameaza con acudir "a calquera tipo de institución e ao xulgado" para facer cumprir a lei de normalización lingüística.
  comenta   0
A Mesa pola Normalización Lingüística recorda que "só emiten en galego 39 minutos dun total de 120 horas" e "aínda así se permiten emitir tentativas de parodias".
  comenta   0
Con esta campaña a Mesa pola Normalización Lingüística quere conseguir que se garanta unha presenza equitativa de contidos en galego e castelán.
  comenta   0
Ante a queixa, a Deputación de Pontevedra decidiu incluír o galego en Facebook e Twitter, pero Instagram segue exclisivamente en castelán.
  comenta   0