Por E.P. | A CORUÑA | 28/05/2024 | Actualizada ás 19:06
A Deputación da Coruña reservará neste exercicio unha partida de 478.000 euros para o programa FONL 2024, de subvencións aos concellos, agrupacións de municipios, mancomunidades e outras entidades locais da provincia da Coruña.
Será para a creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística. Son 24 os beneficiarios, que recibirán axudas duns 20.0000 euros, excepto un dos solicitantes ao que lle corresponden 18.000, informa a institución provincial.
O Boletín Oficial da Provincia publicou tamén a resolución pola que se aproba a concesión definitiva de subvencións correspondentes ao programa FO2016, de axudas a concellos e entidades locais para financiar gastos de persoal técnico para a atención de museos e centros museísticos durante o ano 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.