Inaugurada no Parlamento galego unha mostra sobre a Lei de Normalización Lingüística no seu 20 aniversario

Na inauguración, celebrada na biblioteca da Cámara, o presidente do Parlamento autonómico, Miguel Ángel Santalices, apuntou que esta lei non é "unha máis".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/06/2023 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia alberga desde este mércores a exposición titulada 'A forza da palabra. Lei de Normaliación Lingüística de Galicia (1983-2023)', organizada pola Xunta para conmemorar o 20 aniversario da norma.

Na inauguración, celebrada na biblioteca da Cámara, o presidente do Parlamento autonómico, Miguel Ángel Santalices, apuntou que esta lei non é "unha máis". "Senón que se enmarca no que, con xustiza, poderiamos denominar leis fundamentais da autonomía galega".

Ademais, expresou a "profunda admiración, respecto e agradecemento" que, segundo indicou, merecen cada un dos 71 integrantes daquel primeiro Parlamento de Galicia.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, referiuse a os avances que a Lei de Normalización Lingüística supuxeron para garantir, dixo, que 40 anos despois, "o galego estea presente en todos os ámbitos".

Mostra sobre a Lei de Normalización Lingüística. PARLAMENTO DE GALICIA
Mostra sobre a Lei de Normalización Lingüística. PARLAMENTO DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta