En defensa de 'A Toxa' e non 'La Toja'

A Mesa pola Normalización Lingüística manifestarase este xoves 29 de setembro ás 17 horas na ponte da Toxa co obxectivo de defender o emprego do topónimo oficial da illa, o galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2022 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística manifestarase este xoves 29 de setembro ás 17 horas na ponte da Toxa co obxectivo de defender o emprego do topónimo oficial da illa, o galego. Farano aproveitado que ese día se celebra a IV Edición del Foro La Toja 2022 que concentrará unha importante representación de entidades públicas e privadas.

Illa da Toxa
Illa da Toxa | Fonte: turismo.gal

"O uso público e reiterado das formas toponímicas deturpadas non só é demostrativa do interese por eliminar calquera vestixio e mostra da presenza social da lingua propia de Galiza, mesmo sendo unha lingua viva e de amplo uso, senón tamén da impunidade coa se actúa para contravir o indicado na lexislación a este respecto", manifesta a organización.

Denuncian que mesmo representantes de organismos e institucións apoian que se empregue outra toponimia, indo, desta forma, en contra da súa obriga que é "garantir o respecto á lei". Polo tanto, A Mesa insta a todos os representantes que participen no foro a que "poñan esta deturpación en coñecemento da organización do evento instándoos a o modificaren e empregaren a única forma lexítima e oficial do topónimo, rexeitando calquera presenza no foro encanto non garantiren o cumprimento da lexislación que ampara o uso da lingua galega".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta