Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/04/2022 | Actualizada ás 17:27
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou este martes o arranque do programa de dinamización da lingua galega FalaRedes 2022, que levará a cabo en concellos e entidades adscritos na Rede de Dinamización Lingüística (RDL).
Durante a presentación, Valentín García comunicou que o programa se inaugurará coa peza teatral 'Tras os vieiros de Florencio', da compañía Fantoches Baj, que mostra a traxectoria profesional e persoal do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán.
En relación con isto, o secretario xeral destacou a importancia desta obra de teatro, pois lle resulta "próxima e amena" para "non esquecer que un dos obxectivos principais deste programa de dinamización lingüística é reforzar a oferta de lecer no noso idioma", declarou.
No acto de presentación, Valentón García estivo acompañado polo actor Inacio Vilariño; o músico Xabier Díaz; o director xeral de Galaxia, Francisco Castro; o secretario da Fundación Carlos Casares, Gustavo Garrido; Nacho Fungueiriño, o representante de Culturactiva; os músicos do grupo 'O Viravai', Federico Welicki e Verónica Santalices; a actriz Estívaliz Veiga; o representante de 'Os Náufragos Teatrp', Gustavo do Río; o músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro.
PARA TODOS OS PÚBLICOS
En total, a novena edición de FalaRedes levará a cabo este ano máis de corenta sesións de oito iniciativas diferentes dirixidas a un público familiar, que segundo indicou Valentín García veranse enriquecidas con novas actividades para a infancia e a mocidade a partir de verán.
Estas actividades consisten en espectáculos teatrais e actuacións musicais que inclúen a diversos artistas e entidades. En canto ao teatro, ademais da peza teatral da compañía Fantoches Baj, a compañía 'Os Náufragos' representará a obra 'Karelu', de Ismael Candal e Gustavo del Río; e o Obradoiro de Dramatización e o Teatro da asociación Avante desenvolverá '(Algunhas Cousas) de Castelao'.
En canto á música, entre maio e xuño o grupo de música infantil O Viravai representará 'A miña lingua, a túa lingua'; o autor Javier Ozores presentará a ópera 'O reflexo' con textos de Emilia Pardo Bazán; o músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro levarán a cabo una a obra 'Tocata e fuga para Carlos Casares' para conmemorar o 20 aniversario da morte do autor, e o espectáculo 'Contos, cantos e pedraviva'.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.