Convocados os VI Premios Mil Primaveras para recoñecer accións de normalización lingüística

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca este premio para poñer en valor e fomento do galego co obxectivo de recoñecer e difundir o traballo ben feito no ámbito da normalización lingüística.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/10/2024 | Actualizada ás 10:54

Comparte esta noticia

Xa está en marcha unha nova edición dos Premios Mil Primaveras. Uns premios convocados pola Coordinadora de Técnicas de Normalización Lingüística que trata de recoñecer accións, programas, campañas, proxectos etc. que teñan como obxectivo a promoción do uso e do prestixio da lingua galega.

Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego
Premios Mil Primaveras a proxectos de posta en valor e fomento do galego

Os Premios Mil Primaveras non teñen dotación económica. Con eles procúrase o recoñecemento e a ampla difusión das accións, programas ou proxectos escollidos polo xurado. Para axudar a dar a coñecer os proxectos premiados, organizarase un acto público de entrega e os seleccionados polo xurado estarán dispoñibles para a súa consulta detallada no web www.milprimaveras.gal, tal e como están agora os 28 proxectos elixidos nas edicións anteriores.

PARTICIPACIÓN

Todas as candidaturas deberán ser de programas, proxectos ou accións xa desenvolvidas e con vixencia total ou parcial en 2021, 2022, 2023 ou 2024. Non se valorarán propostas de accións pendentes de levar a cabo nin se premiarán traxectorias de entidades, senón programas concretos desenvolvidos nalgún/s dos anos indicados.

A inscrición faise a través dun formulario dispoñible en www.milprimaveras.gal. O prazo para inscribir proxectos estará aberto do 16 de outubro de 2024 ao 31 de xaneiro

de 2025.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta