Galicia afánase en correxir os impactos paisaxísticos

A Xunta concedeu nos últimos catro anos preto de 2.400 axudas para a mellora de inmobles e outras instalacións que movilizaron un investimento total de 14 millóns de euros. Os apoios da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático promoven o ‘fermosismo’ na Comunidade financiando actuacións tanto en edificacións de titularidade municipal como privada .

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/10/2024 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia concedeu nos últimos catro anos (2021-2024) un total de 2.374 axudas a concellos e a particulares por importe de preto de 9,6 millóns de euros para a corrección de impactos paisaxísticos que supuxeron a mobilización dun investimento global de 14 millóns de euros. 

Valado mixto de bloque e tixolo
Valado mixto de bloque e tixolo | Fonte: GC

Na convocatoria deste ano aprobáronse 50 axudas a concellos -para 64 actuacións- e 346 a particulares, ata esgotarse os 2 millóns de euros orzamentados. Deles, un millón era para as entidades locais e outro millón para os particulares, permitindo sufragar ata o 70% do investimento subvencionable. Deste xeito avánzase na execución das actuacións de corrección de impactos paisaxísticos e de aposta polo fermosismo promovidas polo Executivo galego.

 

As achegas a concellos están dirixidas aos de menos de 20.000 habitantes que poden beneficiarse de dúas liñas de axudas ata sumar un máximo de 40.000 euros (20.000 euros por liña). A primeira das modalidades é para a renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais e a segunda para mellorar o aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos.

 

Os apoios a particulares son para intervencións en fachadas, cubertas e muros de peche e na convocatoria deste ano introduciuse como novidade a posibilidade de financiar a retirada de elementos adxacentes que prexudiquen a imaxe ou causen algún impacto nos bens nos que se pretende intervir.

Hórreo e casas tradicionais na aldea de Vilarxubín, unha das poucas aldeas galegas que conserva a etnografía tradicional
Hórreo e casas tradicionais na aldea de Vilarxubín, unha das poucas aldeas galegas que conserva a etnografía tradicional | Fonte: Sonia García-eiradepedra.blogspot.com

 

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destaca que se trata dunhas achegas que cada vez teñen maior demanda e que permiten mellorar o estado tanto de inmobles propiedade de particulares como de edificios, equipamentos e outras instalacións de titularidade municipal. De feito, as axudas aprobadas desde 2021 xa chegaron a un total de 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total.

 

O EXEMPLO DE TRAZO

 

Un bo exemplo dos beneficios destas achegas é o concello coruñés de Trazo, que recibiu nestas catro convocatorias axudas por importe de preto de 140.000 euros para un total de 38 actuacións. É o caso dunha vivienda na parroquia de Vilouchada, que recibiu unha achega de 3.000 euros en 2021 para a renovación da cuberta con tella do país.

 

A maiores, ao abeiro da convocatoria deste ano para concellos, o Goberno local ten aprobadas dúas actuacións que suman unha axuda total de máis de 26.000 euros. A primeira delas consiste na mellora do estado do Centro Social de Oa, na parroquia de Xavestre, e a outra permitirá recuperar e acondicionar o Lavadoiro de Irexe, na parroquia de Chaián.

Hórreo en Negreira
Hórreo en Negreira
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Pero que guionistas contrataron nesa consellería? Os de Torrente? 3 millóns e medio cada ano para pintar pareces e renovar teitos? que pasa coas pallozas do Piornedo? que pasa cos entullos das louseiras de Valdeorras e do Caurel? que pasa cos 10 millóns que se lle levan dado aos maderistas dos eucaliptos? é conservar a paisaxe encher de eucaliptos as Fragas do Eume, sendo mesmo parque natural? Á paisana de Melide vaiselle a olla.