Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2024 | Actualizada ás 14:28
A Xunta abriu a convocatoria para que os concellos galegos e agrupacións dos mesmos que superen os 3.000 habitantes poidan solicitar as axudas para promocionar a lingua galega no ámbito local. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística pola que se establecen as bases para esta liña de axudas, que conta cun orzamento de 350.000 euros.
As solicitudes poderán presentalas ata o 26 de abril e deberán facelo por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Administración galega.
As entidades beneficiarias prestarán á poboación servizos lingüísticos baixo algunhas das tres modalidades obxecto de subvención: a creación dunha unidade técnica de traballo, o mantemento das xa existentes e a implantación de programas de dinamización lingüística.
Os concellos ou agrupacións beneficiarios terán a posibilidade de imputar os gastos derivados das accións normalizadoras que se realicen no período que vai desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2024.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.