Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2022 | Actualizada ás 09:00
¿Recordas a catástrofe do Prestige? 20 años despois de aquel 13 de novembro de 2002, Carne Cruda presenta unha serie en formato podcast: “Cando o mar se quedou mudo”. Catro episodios que recordan como foi aquela marea negra, a marea de bulos, a marea cidadá que respondeu á mentira e reflexiona sobre que nos trouxo aquela marea.
Esta creación sonora é un híbrido entre xornalismo e teatro radiofónico xa que intercala entrevistas e información do ocorrido con escenas da obra de teatro documental N.E.V.E.R.M.O.R.E. do Grupo Chevere que recrea os recordos dos que o viviron e crea unha ambientación sonora que rende homenaxe aos antigos ruideiros radiofónicos que creaban os efectos de son en vivo.
A narradora será Ana Pardo de Vera. O guión é obra de Paola Obelleiro, xornalista que cubriu aquela traxedia e seguiu durante anos o xuízo posterior. E a produción desta serie corre a cargo de La Máquina Blanda, produtora sonora, a nova cabeza de Carne Cruda para ampliar os seus horizontes sónicos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.