A CIG denuncia a baixa calidade nos menús escolares pola redución de produtos frescos

Segundo datos da CIG, por cada comida a Xunta inviste uns 2,30 euros, onde se inclúen os produtos de alimentación e de limpeza, mentres que as familias pagan uns 5 euros. Desta maneira, o sindicato considera que se debe incrementar a contía polo menos un 20%.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 09/11/2022 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

A delegación de Administración Autonómica da Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou este mércores a "rebaixa de calidade" dos menús escolares debido á inflación, que provocou unha redución do uso de produtos frescos.

Arquivo - Nena comendo no comedor escolar.. EDUCO
Arquivo - Nena comendo no comedor escolar.. EDUCO | Fonte: PERE GIBERT - Arquivo

Por iso, tal como informou a organización sindical nun comunicado, remitiu un escrito ao conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, para demandar que se revisen e actualicen as cantidades que se destinan ás axudas para o financiamento do servizo de comedores escolares.

Segundo datos da CIG, por cada comida a Xunta inviste uns 2,30 euros, onde se inclúen os produtos de alimentación e de limpeza, mentres que as familias pagan uns 5 euros. Desta maneira, o sindicato considera que se debe incrementar a contía polo menos un 20%.

"Os comedores escolares dos centros dependentes da Consellería que teñen un servizo de cociña quente, centralizado e xestionado directamente polo persoal de cociña, encargados de comedor, máis a dirección dos centros, están a verse moi afectados pola inflación", lamentou a responsable de CIG-Administración Autonómica, Zeltia Burgos.

Ela apuntou que a inflación "desbocada" está a provocar unha alza dos prezos dos alimentos básicos, "imprescindibles na dieta diaria para a alimentación do alumnado". "Unha subida que afecta especialmente os produtos frescos", engadiu.

Esta situación, segundo denunciou, está a obrigar ao persoal de cociña a modificar os menús, reducindo a calidade e empregando produtos non perecedoiros en detrimento de produtos frescos.

"É unha situación moi complicada que produce unha gran carga de traballo e presión no ámbito laboral ao persoal de cociña, ao non ter os recursos de materias primas necesarias para realizar o seu traballo coa calidade profesional que deben mostrar os servizos públicos que se ofrecen", lamentou Burgos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta