Pontevedra busca poñer en marcha ecobarrios como os de Vitoria-Gasteiz

É unha iniciativa que se busca o edil Iván Puentes co programa "Pontevedra Flúe".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/11/2022 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, quere impulsar en Pontevedra o modelo de ecobarrios que o Concello de Vitoria-Gasteiz proxectou en varios distritos da capital alavesa. Trataríase de barrios de ‘emisión cero’, autosuficientes desde o punto de vista enerxético e de consumo, dotados de instalacións solares e un sistema propio de reciclado de residuos e capaces de producir os seus propios alimentos a través de hortas urbanas.

Iván Puentes co rexedor de Vitoria-Gasteiz, Gorka Urtaran, e distintos concelleiros e técnicos
Iván Puentes co rexedor de Vitoria-Gasteiz, Gorka Urtaran, e distintos concelleiros e técnicos | Fonte: Pontevedra.gal

Puentes inspirarase nos Sistemas Urbanos de Drenaxe Sostible (SUDS) aplicados nos Humidais de Salburua ou no arroio Zarauna (no barrio de Zabalgana) para controlar o rego de Valdecorvos e acabar cos asolagamentos que se producen na rúa Padre Fernando Olmedo.

Estas ideas foron abordadas no marco dunha reunión técnico-política que os concelleiros de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, os socialistas Iván Puentes e Yoya Blanco, mantiveron mantiveron na Casa Consistorial de Vitoria-Gasteiz co seu alcalde, Gorka Urtaran.

O encontro institucional permitiu poñer en común coñecementos, experiencias e estratexias de dúas urbes que complementan os seus modelos de cidade, pero que os desenvolveron á inversa: “Pontevedra dedicou os últimos 24 anos a traballar dun xeito exitosos a peonalización e a redución do tráfico de vehículos a motor, pero deixou de lado a grande reforma verde e azul que agora conflúe nesa estratexia de renaturalización que chamamos Pontevedra Flúe", asegurou Iván Puentes.

Puentes salientou que entre os seus obxectivos están os de dotar a Pontevedra dun Plan de Infraestrutura Verde, trasladar a Pontevedra o Anel Verde de Vitoria, poñer en marcha ecobarrios e captar fondos da UE para políticas verdes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta