A Xunta presume nun congreso dos seus orzamentos para prever os incendios forestais

Puxo de relevo a creación o próximo ano dun grupo especializado dentro do servizo de prevención de incendios forestais para a loita contra os grandes lumes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

O conselleiro de Medio Rural, José González, puxo de relevo a creación o próximo ano dun grupo especializado dentro do servizo de prevención de incendios forestais para a loita contra os grandes lumes, cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

A maiores, profundou na necesidade de seguir implementando a lei de recuperación da terra agraria e cumprindo os obxectivos do Plan Forestal 2021-2040, así como de avanzar no convenio de protección das aldeas ao amparo do cal se conseguiu xestionar este ano, segundo destacou, a biomasa nas franxas secundarias de máis do 70% dos municipios adheridos. Tamén aludiu á lei de loita integral contra os incendios forestais.

Así o destacou no Congreso Internacional de Incendios Forestais Interlumes 2022, que se celebra hoxe e mañá no marco do I Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo), e ao que tamén asistiu o director xeralde Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, así como o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.

Na súa intervención, o conselleiro referiuse, ademais, á posta en marcha dun plan de recuperación integral de zonas afectadas por incendios forestais cun investimento de 18 millóns de euros.

Así mesmo, aludiu a outras partidas dos orzamentos do ano próximo como os case 20 millóns para melloras de infraestruturas do dispositivo antiincendios, os 10 millóns para o seu parque móbil ou os 700.000 euros para impulsar a súa formación.

Por outra banda, José González tamén trasladou un dato achegado polos expertos do Centro de Investigación Forestal de Lourizán. Así, destacou que os grandes incendios rexistrados na nosa comunidade no 2022 emitiron á atmosfera 2.376.000 toneladas de CO2, cun custo estimado de 78 millóns de euros, un dato superior ás emisións anuais do conxunto da gandaría galega.

O conselleiro de Medio Rural, José González, intervén no congreso internacional de incendios forestais Interlumes 2022. XUNTA
O conselleiro de Medio Rural, José González, intervén no congreso internacional de incendios forestais Interlumes 2022. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta