Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2022 | Actualizada ás 19:25
O portavoz nacional de Anova, Martiño Noriega, asegurou este sábado que a formación afronta unha "nova etapa" na que o tabajo da militancia é fundamental para impulsar unha "cultura de esquerdas resistente e optimista".
Así se expresou esta mañá en Santiago, onde participou na xornada 'Resistencias e alternativas ao modelo de implantación de enerxía eólica en Galiza', organizadas por Anova en Hotel Compostela.
O gran ausente das charlas foi Xosé Manuel Beiras, cuxa participación estaba prevista na segunda mesa 'Perspectivas xurídicas fronte ao oligopolio enerxético', pero que finalmente se ausentou por estar indisposto.
Durante a a terceira e última mesa, 'Modelos alternativos á privatización do vento', o parlamentario de EH Bildu, Mikel Otero, explicou a situación enerxética no País Vasco e as políticas defendidas pola súa formación, como impulsar que as enerxías renovables despileguen funcións asociadas tales como un prezo xusto ou un balance na intervención que en termos sociais e económicos non "implique só destrución". "Outorgarlle unha función democratizadora", detallou.
Tras isto, Noriega concluíu afirmando que este tipo de encontros anímanos a "continuar" e a "expor novos debates", demostrando que "outros modelos de país son posibles".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.