Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 25/11/2022 | Actualizada ás 14:00
As redes sociais son extremadamente perigosas pola súa capacidade de 'enganche'. Pasarse unha media de catro horas ao día colgado de Instagram ou Tik Tok é a tónica habitual das novas xeracións, e tamén das non tan novas. E nelas certo é que hai contido para todos os gustos, algún moi interesante e que serve para aprender, mais o que acaba triunfando, como sucede no resto da sociedade, é o que causa 'rebumbio' para mal.
O machismo está presente en moitas das condutas que teñen os influencers máis seguidos do mundo dixital. Ás veces maniféstano de maneira explícita, pero outras moitas non son tan evidentes, e iso supón un perigo para os máis xóvenes, que están formando a súa identidade e que teñen eses referentes como modelo a seguir, querendo imitar os seus comportamentos.
Dende Galicia Confidencial recollemos os nomes de cinco destas personaxes que non fixeron máis que soltar 'perliñas' pola boca dende os seus inicios en YouTube, Instagram ou Tik Tok, aos que os escándalos os fixeron realmente famosos. Aínda que teñen detractores, teñen moitos outros seguidores que, xa sexa por graza ou por compartir as mesmas ideas, os respaldan.
1.- NAIM DARRECHI (28,4 millóns de seguidores):
Alardeaba nunha entrevista en directo co youtuber de elevado contido sexual Mostopapi (2 millóns de seguidores) de que durante as súas relacións sexuais non usa preservativo, exacula dentro da vaxina e engana ás rapazas, decíndolles que é estéril e que non corren perigo de quedarse embarazadas. Tal foi o escándalo destas declaracións, que acabou pasando ante a xustiza, que finalmente o absolveu porque non podían probarse os feitos.
"Cóstame moito utilizar preservativo, nunca o uso. Un día pensei: é raro que non deixases nunca embarazada a ningunha rapaza durante todos estes anos. Entón decidín comezar a rematar dentro. E nunca pasou nada, polo que empezo a pensar que teño un problema", dicía durante a entrevista, ao que o entrevistador preguntaba: "E nunca che puxeron problema?". E entre sonrisas Naim dicía: "Si, pero dígolles que estén tranquilas, que son estéril porque me operei para non poder ter fillos".
2.- EL XOCAS (500.000 visualizacións en Twitch):
Nun directo da plataforma Twitch, este influencer galego alardeba do comportamento machista dun amigo cara ás rapazas como se fose algo normal, calificándoo de 'crack' por saír de festa sen beber e divertirse "moito levándose a 'pibas' colocadas" (referíase a alcoholizadas, segundo explicou con posterioridade, aínda que parecía nun inicio que se referise a drogas).
As tácticas de ligue do seu amigo resumíaas como: "Para el era moi sinxelo ligar, porque claro, para unha tía que xeralmente che vería coma un catro, veche coma un sete porque está colocada, e ti aínda por riba estás sereo e mides perfectamente as túas palabras. Chupado. En vez de estar babeando e caéndote contra a columna. El bebía uns zumiños e a tomar polo cu, de puta madre. Saía a ligar con nós e sempre se iba cunha piba".
3.- WALL STREET WOLVERINE (320.000 seguidores en Instagram):
"Sabedes que privilexio creo que temos os homes sobre as mulleres? Estabilidade hormonal". Con esta frase xa se pode un facer á idea da mentalidade deste youtuber, moi amigo, por outra banda, do famoso e controvertido Roma Gallardo, de ideas antifeministas, ou como diría el mesmo, 'antifeminazis'.
Wall Street Wolverine amosa durante os seus vídeos, de contido político e económico na súa maioría, un claro apoio á ideoloxía de ultradereita, pro Vox, e alaba condutas machistas. De feito, defendeu aférrimamente a prostitución en varias ocasións e solta cousas como "as de 'non somos obxectos sexuais' son as mesmas do 'dime que non follas sen decirme que non follas'".
4.- DALAS REVIEW (case un millón de seguidores en Twitch):
Este youtuber xa de por si ten un canal controvertido en todos os sensos, baseado na desinformación. No caso que nos ocupa, adoita dar leccións de machismo, desinformación sobre violencia de xénero falando de denuncias falsas e diríxese como 'feminazis' aos membros do movemento feminista.
Ao falar do que considera el que é a violencia de xénero, asegura que está "sobresensibilizada". E culpabiliza directamente ás vítimas pola súa forma de actuar, como xustificando que se reciben violencia é porque a provocan: "As mulleres estanse queixando todo o día de que sufren e de que están oprimidas e que só son vistas como un obxecto, pero elas non paran de subir fotos desnudas e máis fotos desnudas para quentar pollas". Volvemos a incidir en que nada xustifica unha agresión, nada.
5.- ROMAN TAULER: (25.800 seguidores en Tik Tok):
Con este tiktoker as palabras sobran, pois el mesmo se retrata en cada vídeo. Nun deles, por poñer un exemplo, fala de 'tips' "para tías sen azúcar". E xa alerta aos espectadores que o están vendo que, se entre eles hai "unha muller empoderada que se ofende fácilmente", pase ao seguinte vídeo e directamente non o vexa. Fala, por tanto, do empoderamento feminino como se fose algo negativo.
E o contido prosegue: "Os homes estamos preparados biolóxicamente para buscar estatus, a través de compras, de accións... Nós queremos unha parella e mantela porque nos da estatus: o estatus é que o resto de homes nos envexen. Entón se ti (como muller) non te arreglas cando saes con nós e arréglaste cando saes coas túas amigas, a nós non nos das estatus, queremos que te arregles para nós. E se ti non eres fiel e vaste con outros e non estás ao noso lado, quítasnos estatus e o noso entorno métese con nós por iso. Tes que ser atractiva á vista e tes que ser fiel. As tolas son para divertirse, acostarse con elas e xa está".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.