Traballadores sinalan que o 'plan B' proposto por Hiperxel é "lóxico e beneficioso"

Os empregados aseguraron "ver con bos ollos" a proposta da compañía

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/11/2022 | Actualizada ás 12:11

Comparte esta noticia

Traballadores aseguraron ver "con bos ollos" o 'plan B' proposto pola cadea galega especialista en alimentos conxelados Hiperxel para non entrar en concurso de acredores. Segundo explicaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, este 'plan B', "bastante lóxico e beneficioso para os traballadores e a empresa", supón unha primeira inxección de 2,8 millóns de euros que, nos seguintes meses poderían producirse novas achegas económicas en caso de necesidade, así como unha cantidade importante de mercadoría para a campaña do Nadal, produtos que, aseguran os sindicatos, xa están a empezar a entrar.

"O fondo investidor está a tentar saír o mellor posible desta situación e a mellor maneira é pór isto en marcha", sinalaron as mesmas fontes. Este 'plan B' de Hiperxel, que os sindicatos cren que será presentado este martes, ten que ser aprobado por un xuíz no prazo de dez días desde o momento no que se expón.

Os empregados aseguraron "ver con bos ollos" a proposta da compañía. "Cremos que se trata dun plan moi ben deseñado cuxo obxectivo primordial é facer o menor dano posible aos provedores. Todo está moi ben medido, véxoo factible", destacaron fontes do comité de empresa de Hiperxel.

As mesmas fontes descartan a convocatoria de novos paros e mostran "certo optimismo" no funcionamento dunha organización que segue sen pagar aos seus empregados desde os pasados meses de setembro e outubro. "Seguimos sen recibir os soldos atrasados pero o plan parece que arrinca e vemos que en breve poderemos cobrar", sentenciaron.

Tenda de conxelados Hiperxel en Vigo
Tenda de conxelados Hiperxel en Vigo | Fonte: paxinasgalegas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta