Por Galicia Confidencial | Allariz | 02/12/2022 | Actualizada ás 09:00
A iniciativa “O Peto dos Desexos” sorteará 2 premios de 250 euros e 5 de 100 euros entre os clientes do comercio e hostalería da localidade que deberán xuntar tíquets de compra ata alcanzar un valor de 30 euros.
Todas as persoas que queiran participar poderán facelo dende o 2 de decembro e ata 6 de xaneiro, ámbolos dos incluídos. Os comprobantes de compra serán depositalos xunto coa tarxeta dos desexos nun dos Petos que estarán situados no Alto do Portelo e na entrada da Alameda.
O vindeiro 9 de xaneiro sortearanse 1000 € en premios nun acto público que terá lugar ás 11:00h diante do Peto dos Desexos (no Alto do Portelo).
Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, e María López, Concelleira de Comercio, lembran que mercar en Allariz sempre ten premio, porque ademais de dinamizar a economía local, estamos axudando aos nosas veciñas e xerando emprego. "É a nosa responsabilidade mercar de xeito responsable e a nosa implicación é vital para que o sector salga adiante", comenta a rexedora.
A información da campaña e as bases do Peto dos Desexos pódense atopar en www.allariz.gal/nadal
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.