Gran avance no estudo do cancro de mama; poderase coñecer cunha simple análise de sangue

Un traballo do CHUS descobre que os glóbulos vermellos dos pacientes con cancro de mama son diferentes aos das persoas sen a enfermidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Un estudo desenvolvido polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) no laboratorio da unidade mixta Roche-CHUS demostra que os glóbulos vermellos dos enfermos de cancro de mama avanzado ou metástasicos son diferentes aos das persoas sen a patoloxía, o cal axudaría a predicir o avance da enfermidade cunha simple análise de sangue.

Neste traballo, asinado por Clotilde Costa, os investigadores identificaron unha proteína cuxos niveis son máis elevados nos pacientes con cancro de mama avanzado ou metastásico. A metástasis é a principal causa de morte por esta enfermidade, polo que é de vital importancia detectala canto antes.

Os resultados do estudo, que aínda están protexidos por unha patente, serven como unha nova achega ao recente descubrimento de que os glóbulos vermellos, á parte do seu labor principal como transportadores de osíxenos, teñen outras funcións adicionais como células reguladoras na circulación. Nesta ocasión demostraríase que estas células tamén poden ser marcadores útiles en oncoloxía.

DETALLES DO ESTUDO

Unha iniciativa colaborativa entre a empresa Roche Farma e o grupo Oncomet do IDIS dirixido polo xefe de servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico de Santiago, Rafael López, fixo posible esta investigación, realizada a partir da análise de mostras de sangue de pacientes de cancro de mama en diferentes momentos da enfermidade e de doantes sans recollidas no CHUS.

Clotide Costa arroupada polo resto de integrantes do equipo do Instituto de Investigación de Santiago de Compostela (IDIS).. IDIS
Clotide Costa arroupada polo resto de integrantes do equipo do Instituto de Investigación de Santiago de Compostela (IDIS).. IDIS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta