Tres novas liñas de acción en Atención Primaria para a mellora administrativa, a capacidade diagnóstica e o soporte domiciliario

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 18:54

Comparte esta noticia

O Sergas informou aos sindicatos na mesa sectorial de sanidade deste venres da activación dunha partida de financiamento procedente do Estado para intervir en tres liñas de actuación para a mellora da atención primaria.

En concreto, segundo fontes sindicais, Galicia intervirá na mellora integral da atención administrativa, a creación de equipos de soporte domiciliario e a mellora da capacidade diagnóstica.

A nivel de recursos humanos, isto suporá a contratación durante o período que dure o programa de 81 integrantes do grupo de persoal de servizos xerais (PSX), 70 enfermeiras e 92 graduados en nutrición, así como un equipo técnico. A duración dos contratos será dun ano e serán ofertados a partir deste mes polas listas de longa duración.

Segundo trasladouse aos sindicatos, o persoal de servizos xerais servirá de soporte para os pacientes nos centros, co obxectivo de reducir a fenda dixital e para axudarlles en materia de novas tecnoloxías. O persoal de enfermaría, pola súa banda, fará unha actividade programada e exclusiva a domicilios.

Pola súa banda, os graduados en nutrición terán tamén unha actividade programada e derivada do médico e enfermeiro dos centros de saúde.

Médico e prescrición de receita
Médico e prescrición de receita | Fonte: Icomen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta