Por E.P. | A CORUÑA | 05/12/2022 | Actualizada ás 16:16
A Taberna Triay, Roots, Intenso e Trafego foron os gañadores das diferentes categorías do XVIII Concurso de Tapas Picado, unha proposta gastronómica que leva o nome de Manuel María Puga e Parga, máis coñecido como 'Picado' e que foi alcalde da Coruña entre 1915 e 1917, ademais de escritor e gastrónomo. Os establecementos Taller de Sastrería e Casa Surrey recibiron meciones especiais.
Nesta edición participaron 52 establecementos con 60 tapas, todas deseñadas especificamente para o concurso e elaboradas de maneira artesanal, incluíndo produtos galegos.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Turismo, Juan Ignacio Borrego; a neta de Picado e membro da Academia de Gastronomía de Galicia, Carmen Fernández-Gago Puga; e as relacións públicas de Fillos de Rivera, Sergio Casteláns, entregaron os galardóns nun acto celebrado este luns.
Na súa intervención, a alcaldesa destacou que este concurso gastronómico, "o máis antigo de Galicia", é "unha oportunidade para os locais que están a empezar e para a xente máis nova para darse a coñecer".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.