Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2025 | Actualizada ás 20:19
O mural creado polo artista chileno Cristóbal Espinosa (coñecido como 'Cristóbal Persona') converteuse no terceiro mellor do mundo, segundo o concurso convocado cada ano polo colectivo 'Street Art Cities' e cuxo fallo foi dado a coñecer este venres.
O traballo premiado é o titulado 'Charanguista Andino', pintado polo artista durante a 'Perla Mural Fest', que se celebra cada agosto na localidade da comarca de Ferrol. Trátase dun traballo realizado nun penal dun edificio de tres alturas e baixo, onde se pode ver precisamente unha representación dun músico andino, e que o pintor chileno dedicoulles ás comunidades indíxenas neste mural.
Este novo premio vén converter á localidade de Fene nunha referencia da arte urbano, xa que na mesma está o mural realizado polo artista urbano madrileño 'Sfhir' que logrou a distinción de mellor mural do mundo no ano 2023, cun traballo sobre unha fachada no que se pode ver a unha muller que toca o violoncelo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.