O Goberno central, disposto a unha reforma limitada do delito de malversación deixando fóra corrupción e lucro persoal

Sánchez asegura que non se van rebaixar penas de corrupción e pon o acento nos códigos penais de países europeos.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 06/12/2022 | Actualizada ás 17:06

Comparte esta noticia

O Goberno central está agora disposto a levar a cabo unha reforma limitada do delito de malversación, polo que foron condenados os líderes independentistas do procès catalán, aínda que deixando fóra os casos de corrupción e de lucro persoal.

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez | Fonte: Eduardo Parra - Europa Press.

En conversación informal cos xornalistas no acto de celebración do 44 aniversario da Constitución española, o presidente Pedro Sánchez puxo o acento no dereito comparado, en referencia a como se recolle esta cuestión nos códigos penais de países da contorna, pero quixo deixar claro que non se vai retroceder en materia de loita contra a corrupción, nin se van rebaixar penas que teñan que ver coa mesma.

A reforma do delito de malversación é unha petición de ERC, que xunto a outras formacións independentistas ten a varios membros do partido condenados por este tipo penal e outros tantos con causas pendentes, polas accións que levaron a cabo en 2017 para tentar facer efectiva a independencia de Cataluña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta