Falece en Francia un mariñeiro de Marín

O tripulante do 'Faro Picamillo' esborrallouse tras sentirse indisposto mentres o barco entraba en porto

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 07/12/2022 | Actualizada ás 21:06

Comparte esta noticia

Un mariñeiro de Marín, tripulante do 'Faro Picamillo', que faena en augas do Gran Sol, faleceu en Francia mentres que o barco no que traballaba realizaba a manobra de entrada ao porto.

Fontes consultadas por Europa Press explicaron que o home, de 52 anos, esborrallouse por unha indisposición que sufriu debido a causas aínda pendentes de concretar ata que se realice a autopsia.

As mesmas fontes indican que se atopaba na cuberta do barco cando caeu de forma repentina, polo que, a falta da autopsia, a morte, que se produciu de forma súbita, podería atribuírse a algún tipo de problema cardíaco sen determinar.

AUTOPSIA E REPATRIACIÓN

En todo caso, as causas que provocaron o falecemento do mariñeiro do 'Faro Picamillo', da armadora Pesqueira Estévez Liño, quedarán ratificadas na autopsia. Para iso, efectuarase un traslado a Brest.

Posteriormente, tocará acometer os pasos burocráticos pertinentes para a repatriación do cadáver.

Imaxe dun barco pesqueiro
Imaxe dun barco pesqueiro | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta