Críticas ó BNG por "xenófobos"

A Asociación Galega de Amizade con Israel critica ao BNG por non apoiar unha proposta no Parlamento con motivo do Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/01/2008 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

 

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

 

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

 

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

 

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras "xudeo", coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

 

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

 

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

18 sigifredo

perdoa pero de momento eses que mandan na Agai seguen sendo militantes do bloque, non?
A verdade é que vendo isto, non se a que espwean no bloque a botalos fora, ben lonxe...na ultradereita que é o seu lugar.

17 anticaciquíns

sigifredo, e estes do BNG son uns sectarios que queren foder a todo quisqui que non pense coma eles ...

16 sigifredo

Estes da Agai son un grupo de ultradereitisas, maioritariamente xente do PP e da falanxe, que só queren foder ao BNG. que lles den

15 anticaciquíns

uxió dixo: "... non quero seguir votando á extrema esquerda galega"
non me fagas rir. dicir que o bloque é extrema é de coña e esquerda de risa. pero ainda non te decataches que están coaligados coas burguesiás vasca (pnv) e catalana (ciu).

14 brian

Ou sexa, que o BNG non quixo firmar o manifesto do PP e o PSOE porque tiña un alternativo. Negaba o holocausto o BNG no seu documento?. Iso é o que eu quero saber. Por que non colga alguén o texto do BNG?.