Críticas ó BNG por "xenófobos"

A Asociación Galega de Amizade con Israel critica ao BNG por non apoiar unha proposta no Parlamento con motivo do Día Internacional de Recordo das Víctimas do Holocausto...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 26/01/2008 | Actualizada ás 22:08

Comparte esta noticia

 

O BNG impediu que a Deputación Permanente do Parlamento de Galicia aprobara con motivo do Día Internacional de Recordo das Vítimas do Holocausto. unha declaración institucional de condea do nazismo e lembranza dos seus millóns de vítimas, ao oporse a un texto que contaba co respaldo do PSOE e do PP. O BNG tampouco aceptou sumarse á Declaración en Memoria das Vírtimas do Holocausto que o ano pasado sí fora aprobado cos votos dos tres grupos parlamentarios.

 

A postura do BNG contrasta moi chamativamente co feito de que o Congreso dos Deputados, o Parlament de Catalunya ou na Asemblea de Madrid levan entre 4 e sete anos celebrando o 27 de xaneiro -día da liberación de Auschwitz- non só con declaracións institucionais senón mesmo con actos emotivos nos que participan superviventes do Holocausto e políticos de todos os partidos, entre eles Esquerra Republicana de Catalunya, CiU. ou PNV.

 

A estrataxema do BNG para conseguir que o Parlamento Galego fora protagonista do vergoñento acto de omisión, consistiu en propor un texto alternativo ao que respaldaban socialistas e populares, sabedor o BNG de que non sería aceptado e que, ao non conseguirse a unanimidade, o texto final non sairía adiante, como finalmente así foi.

 

Na súa miopía a todas luces inxustificábel, tentaron mesturar un documento que honraba a memoria das vítimas do Holocausto (incluídos os republicanos españois, xitanos e homosexuais) sen citar sequera as palabras "xudeo", coa situación actual do conflito de Oriente Próximo.

 

Convidado o portavoz do BNG, Carlos Aymerich, a presentar unha iniciativa parlamentar diferenciada referida ao devandito conflito, o representante do BNG desbotou tal posibilidade e consagrou finalmente a vergonza de sumarse ao carro dos negacionistas de extrema dereita deixando no aire a pregunta de que clase de catadura ética pode ter quen actúa dun xeito semellante.

 

A Asociación Galega de Amizade con Israel manifesta a súa máis enérxica desconformidade con actitudes que deshonran a quen, como parte do cogoberno de Galicia, debe representar a todos os galegos e galegas sen exclusións por motivos ideolóxicos ou xenófobos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 33 comentarios

3 palestiniano

Polo que deduzo do escrito da AGAI, o BNG non se opuxo a condenar o nazismo, senón que quería incluir na condena o novo nazismo xudeu e o holocausto que está a padecer o povo palestino. Ben polo BNG, de cando en vez fan algo de xeito

2 fWINTER

Debemos recordar que a palabra Holocausto é utilizada só desde hai unhas décadas, nin Primo Levi, nin Elie Wiesel nas súas primeiras obras falaron para nada de Holocausto, que significa ademais Sacrificio voluntario de animais a Deus.
Está moi ben estar contra o nazismo, pero está mellor oporse á manipulación sistemática que o Estado de Israel aplica ao xenocidio xudeu, como coartada e xustificación da opresión sobre o pobo palestino.
O que debera facer o BNG sería talvez non se negar a asinar esa declaración, pero incluíndo un colofón sobre a actual situación en Terra Santa que deixase as cousas moi claras. Seguro que nese caso os propios promotores da iniciativa serían os primeiros en retirala.

1 Oscar

Mal feito por parte do BNG, pero precisamente os da AGAI nunca falan do outro Holocausto: o dos palestinos na súa propia terra, ese do que eles culpan a Hamás no canto de autoinculparse.