Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2022 | Actualizada ás 13:09
A Consellería de Sanidade non detectou en Galicia ningún caso de falecemento relacionado coa enfermidade producida polo estreptococo A en menores, e a situación que ten esta bacteria en Galicia é "de normalidade". Así o explicou este venres en Bruxelas, a preguntas dos medios, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, antes de participar nunha sesión do Consello de Ministros da UE.
Tras a alerta notificada polo Reino Unido o pasado 2 de decembro, e por mor da detección de dous falecementos por esta bacteria en Madrid, Galicia realizou un seguimento dos casos e non detectou "ningún falecemento" por estreptococo A.
Máis en concreto, o conselleiro asegurou que "a situación é de normalidade" neste tipo de bacterias, que son "moi habituais". "O estreptococo A sempre o houbo", dixo o responsable da sanidade galega, "outra cousa diferente é que a gravidade da enfermidade que produce sexa alarmante".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.