Vídeo.- Así baila 'break dance' Abel Caballero no Belén de Valga, onde tamén teñen cabida as Tanxugueiras e Zelenski

Un ano máis o Belén Artesanal desta pequena localidade pontevedresa fai as delicias de todos os visitantes que se achegan a ver como os centos de esculturas representadas móvense para evocar os momentos máis destacados deste 2022 que xa se está rematando

Por Ángela Precedo | PONTEVEDRA | 10/12/2022 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O Belén Artesanal de Valga chega este ano repleto de novidades. Como xa estamos acostumados a ver, ofrece toda unha parodia dos eventos máis destacados destes doce meses. E este 2022 atopámonos con Abel Caballero bailando break dance no Marisquiño e ataviado de luces de Nadal na noria, a Tanxugueiras cantando en Eurovisión ou a colas de xente agardando a ser vacunada na Cidade da Cultura. Repasemos as esceas máis chamativas:

Belén de Valga
Belén de Valga | Fonte: GC

ABEL CABALLERO

Abel Caballero é un dos grandes protagonistas, sen dúbida, no Belén deste ano. Aparece bailando break dance no chan da praza onde se celebra O Marisquiño, festival de música urbana, cun cartaz tras del que pon: 'Vigo Cidade Iluminada'. Tamén aparece subido na noria xigante do Nadal da urbe e no plató de 'El Hormiguero', programa de Pablo Motos en Antena 3, onde foi entrevistado, entre outros escenarios. Trátase de poñer de manifesto que se algo lle gusta ao señor alcalde de Vigo é ser o centro de atención e estar en todos os meollos posibles, sempre sendo teloneiro de calquer actividade ou concerto que teña lugar na cidade.

TANXUGUEIRAS

Tamén este ano hai un apartado especial adicado ás Tanxugueiras, que aínda que elas non se moven, están moi ben representadas mesmo cos tatuaxes na cara que levaron a Eurovisión como parte da posta en escea. Os que si se moven son os bailaríns ataviados coa chamativa falda celta que están tras de si, xirando mentres bailan a muiñeira. Só faltaba que soase o 'Ai lalalalá, ai lalalalá...' para meterse de todo no papel.

Programa 'Atrápame se podes' da TVG no Belén de Valga
Programa 'Atrápame se podes' da TVG no Belén de Valga | Fonte: GC

HOSPITAL CLÍNICO DE SANTIAGO:

Por outra banda, un pouquiño máis afastado do centro da actividade, atópase representado o Hospital Clínico de Santiago, sobre o que tantas queixas houbo ao longo deste 2022 con motivo do colapso que dicían que se estaba a producir nos pasillos de urxencias, onde decenas de pacientes se agolpaban algúns días á espera de poder subir a planta, por falta de persoal e de espazo. O caos aparece moi ben representado nestas figuriñas que mesmo saben poñer a andar unha bombona de osíxeno.

CIDADE DA CULTURA:

No ámbito sanitario, tamén amosa, como veu facendo en anos anteriores, o vivido coa vacunación covid. As longas colas formadas na Cidade da Cultura son as protagonistas dun espazo no que poden verse os diferentes postos de vacunación numerados. Acordádesvos desas interminables esperas que facían que perdésemos horas de traballo (ou de estudos)? E menos mal que as fixemos, pois moito nos leva protexido a vacuna.

GUERRA DE UCRANIA:

Outra escea que sen dúbida chama a atención, pero neste caso para mal, pois evoca a tristeza da guerra, é a de edificios destruidos en Ucrania, con Zelenski e os militares ucranianos no centro de acción, socorrendo a civís que aparecen cubertos de sangue. 'Non á guerra', pódese ler nun cartaz de denuncia situado baixo o edificio en escombros.

PUTIN E MACRON:

Tamén dentro do contexto internacional, representan a reunión mantida entre Putin e Macron na mesa interminable, que os separaba a ambos uns seis metros, sen sentido algún. En teoría o Kremlin dixo que era por manter a distancia de seguridade covid, mais menuda distancia... Non era suficiente metro e medio? Cabe dicir que antes dese encontro o xefe de Estado francés negárase a someterse a unha proba PCR.

GRUPO UNIÓN Y FUERZA:

E volvendo ao contexto galego, máis de andar pola casa, o Belén de Valga representa tamén o que máis nos gusta aos galegos de cuna: a festa, a verbena. Enriba dun palco aparece o grupo de moda máis próximo ao municipio, Unión y Fuerza, formado por dous irmáns xemelgos que souperon como sacar partido ao seu afable carácter. 

'ATRÁPAME SE PODES':

Tamén quedou espazo para poder ilustrar o novo programa da TVG que tanto éxito está tendo: 'Atrápame se podes', que, por certo, está a buscar novos concursantes e terá un cásting o próximo martes día 13 na cidade de Vigo. Cantos miles de euros leva repartido este xogo, a ver se hai sorte para os demais o ano que ven!

Grupo Unión y Fuerza no Belén de Valga
Grupo Unión y Fuerza no Belén de Valga | Fonte: GC
Abel Caballero en 'El Hormiguero' xunto a Pablo Motos no Belén de Valga
Abel Caballero en 'El Hormiguero' xunto a Pablo Motos no Belén de Valga | Fonte: GC
Saturación de Urxencias no Hospital Clínico de Santiago no Belén de Valga
Saturación de Urxencias no Hospital Clínico de Santiago no Belén de Valga | Fonte: GC
Encontro entre Putin e Macron no Belén de Valga
Encontro entre Putin e Macron no Belén de Valga | Fonte: GC
Hospital Clínico saturado no Belén de Valga
Hospital Clínico saturado no Belén de Valga | Fonte: GC
Tanxugueiras no Belén de Valga
Tanxugueiras no Belén de Valga | Fonte: GC
Guerra de Ucrania no Belén de Valga
Guerra de Ucrania no Belén de Valga | Fonte: GC
Vacinación na Cidade da Cultura no Belén de Valga
Vacinación na Cidade da Cultura no Belén de Valga | Fonte: GC
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta