Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 11:14
O número de persoas hospitalizadas con covid-19 en Galicia ascenden este luns a 236, 25 máis que os notificados no último balance ofrecido o pasado sábado pola Consellería de Sanidade.
Os datos, solicitados ata as 18,00 horas do domingo, reflicten un incremento de 25 ingresados respecto das cifras do sábado --a Xunta non actualiza a situación sanitaria os domingos-- aínda que o total de pacientes en UCI mantense en cinco.
Por áreas sanitarias, A Coruña continúa un día máis á fronte do sete distritos galegos co maior número de hospitalizados. Son un total de 74 (+12), dos cales, dous están en UCI. O total de ingresados aumenta este luns en todas as áreas sanitarias galegas. A subida máis notable é a de Vigo, que suma 51 (+9) cun deles en críticos, seguida pola de Lugo --18 (+7).
En Santiago e Ourense o ascenso de ingresados é de catro en cada unha --cun total de 37 e 18, respectivamente--, mentres que en Pontevedra sobe a 18 (+2), e en Ferrol a 8 (+1). Todo iso nunha xornada na que Sanidade notificou 1.972 casos activos, nove máis que o sábado. Por áreas, A Coruña rexistra 442 casos activos; Ferrol, 129; Lugo, 224; Ourense, 303; Pontevedra, 161; Santiago, 289; e Vigo, 444.
Por último, o total de vítimas mortais asociadas á pandemia que contabiliza a Administración autonómica mantense este luns en 3.990.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.