Feridas dúas persoas nunha colisión entre un coche e un camión na A-52 en Toén

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2022 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo e un camión na autovía A-52, ao seu paso polo municipio ourensán de Toén, en dirección Vigo. Segundo trasladou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 09,15 horas deste martes no punto quilométrico 240. A esa hora, un particular que circulaba polo punto daba aviso deste sinistro á central de emerxencias.

Así mesmo, este alertante sinalaba que as persoas implicadas atopábanse no exterior dos vehículos, pero precisaban asistencia sanitaria. Por este motivo, o 112 Galicia solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Ribadavia e aos operarios de conservación das estradas.

Axente da Garda Civil
Axente da Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta