José Manuel Torres Corredoira, candidato de VOX á alcaldía de Pontevedra

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/12/2022 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

O Comité Executivo Nacional de VOX (CEN) nomeou a José Manuel Torres Corredoira como candidato da formación á alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións municipais, que se celebrarán en maio de 2023.

Tal e como detalla a propia formación, Torres estudou Enxeñaría Industrial e comezou a súa carreira profesional no sector naval no ano 1999, no estaleiro Nodosa de Marín.

Desde 2003, é funcionario municipal no Concello de Pontevedra. Alí, exerceu na dirección de Disciplina Urbanística e Policía Administrativa, na xefatura do Servizo de Extinción de Incendios e, a día de hoxe, é Adxunto ao Xefe da Oficina Técnica de Infraestruturas, Enxeñaría e Servizos.

Torres foi ademais deportista federado e presidente do Real Club de Mar de Aguete (desde 2015 ata 2019).

Forma parte de VOX desde 2018 e, actualmente é o vicepresidente do Comité Executivo Provincial (CEP) de VOX Pontevedra. Foi tamén cabeza de lista pola provincia nas eleccións municipais do 26M.

José Manuel Torres Corredoira, candidato de VOX á Alcaldía de Pontevedra
José Manuel Torres Corredoira, candidato de VOX á Alcaldía de Pontevedra | Fonte: VOX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta