Sete ríos das provincias da Coruña e Pontevedra, en risco de inundación

Ademais, as concas do Lagares (Vigo) e do Sar (Santiago) atópanse baixo observación e en fase de prealerta

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2022 | Actualizada ás 12:45

Comparte esta noticia

A Xunta activou a fase de alerta do Plan especial de inundacións de Galicia (Inungal) en sete ríos das provincias da Coruña e Pontevedra por superar o nivel de desbordamento.

En concreto, segundo trasladou o 112 Galicia, no último informe de Augas de Galicia indícase que superan este nivel os ríos Mera (Ortigueira), Rego dss Mestas (Valdoviño), Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Tambre (Oroso), Dubra_Tambre (Val do Dubra) e Lérez (Pontevedra). Ademais, as concas do Lagares (Vigo) e do Sar (Santiago) atópanse baixo observación e en fase de prealerta, aínda que, polo momento, non superaron os límites establecidos.

Así mesmo, o 112 indicou que debido á situación meteorolóxica actual é posible que nas próximas horas máis ríos alcancen o nivel de desbordamento. Ante esta situación, a central de emerxencias recomenda a posta en marcha das medidas de auto protección necesarias e tamén a importancia de que a poboación aumente a precaución, sobre todo ao circular por vías ou pontes que se sitúan nas proximidades destes ríos, xa que unha subida repentina podería dificultar a situación e pór en risco ás persoas implicadas

Pola súa banda, Meteogalicia sinalou que esta fronte está a ser máis activo no noroeste, pero prevese que ao longo da mañá se desprace cara ao sur. Así, as acumulacións máis destacadas daranse na provincia de Pontevedra.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta mantén activa unha alerta laranxa por choivas no suroeste da Coruña. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa podería deixar unha precipitación acumulada en 12 horas que podería alcanzar os 80 mm.

A Aemet tamén activou o nivel amarelo por choivas no resto da provincia da Coruña e en toda a provincia de Pontevedra, así como no oeste e no sur da provincia de Ourense.

Campo alagado polo desbordamento do río Tea
Campo alagado polo desbordamento do río Tea | Fonte: Gustavo de la Paz - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta