A Asociación Érguete continuará co seu programa de formación e integración logo de asinar un acordo coa Xunta

Este programa de intervención socioeducativa vai destinado a persoas con suspensión de condena, con medidas alternativas a prisión como traballos en beneficio da comunidade, con causas xudiciais pendentes ou nalgún do tres graos penais, así como menores con problemas de consumo ou conduta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/12/2022 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse este luns con representantes da Asociación Érguete para escoitar as súas demandas e avaliar as liñas de colaboración do seu departamento coa entidade.

Así, segundo informou a Xunta, Calvo trasladoulles a renovación, por un importe de 50.000 euros, do apoio que prestaron nos últimos anos ao seu programa de formación e integración social (PFIS).

Este programa de intervención socioeducativa, destacou a administración autonómica, vai destinado a persoas con suspensión de condena, con medidas alternativas a prisión como traballos en beneficio da comunidade, con causas xudiciais pendentes ou nalgún do tres graos penais, así como menores con problemas de consumo ou conduta, con cumprimento de tarefas socioeducativas ou sancionados por tenencia de substancias estupefacientes.

Neste sentido, Diego Calvo destacou que iniciativas de intervención socioeducativa como esta contribúen a unha modificación de hábitos cara a unha reinserción social e laboral satisfactoria.

Ademais, trasladoulle á asociación Érguete a importancia do seu traballo para xerar oportunidades e prestar servizos a persoas e familias afectadas por condutas adictivas ou de risco, impulsando a súa inclusión e fomentando hábitos de vida saudables.

Carmen Avendaño na Asociación Érguete
Carmen Avendaño na Asociación Érguete

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta