Por E.P. | OURENSE | 27/12/2022 | Actualizada ás 11:01
Dous condutores resultaron feridos leves este luns nunha colisión entre dous coches ocorrida en Barbadás. Unha delas necesitou ser exarcelada do vehículo.
Segundo informa, o 112 Galicia recibiu a alerta deste accidente sobre as 19,30 horas, cando varias persoas particulares chamaron para avisar. Tal e como indicaban, o choque tivera lugar no punto quilométrico 8 da OU-540, á altura da parroquia de Bentraces.
Seguidamente, o 112 puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros de San Cibrao das Viñas, do GES do Pereiro de Aguiar, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.
A pesar de que os condutores dos vehículos implicados sufriron feridas de carácter leve, un deles necesitou ser excarcerado polos servizos de emerxencia porque a porta do seu coche quedara moi danada e non podía saír ao exterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.