O ONCE tamén sonríe a Galicia: repartiu nos últimos días 365.000 euros en Mondariz, A Coruña e Lourenzá

En Mondariz deixou 245.000 euros

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/12/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

O ONCE repartiu nos últimos días 245.000 euros entre sete premiados en Mondariz (Pontevedra) e outros 120.000 entre catro na zona da Coruña e o municipio de Lourenzá (Lugo).

En Mondariz, foi o vendedor Gerardo de Liño Barbosa quen repartiu o premio do sorteo do Cupón Diario do luns, 26 de decembro, entre sete dos seus clientes habituais. Cada un recibiu 35.000 euros. Por outra banda, o Cuponazo do ONCE do 23 de decembro repartiu un total de 120.000 euros entre catro galardoados.

O vendedor Andrés Ponte Fernández deixou 40.000 euros na súa ruta de venda por Lourenzá, mentres que Manuel Rei Mosquera vendeu un Cuponazo premiado coa mesma cantidade desde o seu quiosco de Cambre, no lugar de Carballo, número 10.

A estes hai que sumar outros 40.000 euros que deixou o vendedor Hugo Roca Sabio con cupóns vendidos desde o quiosco da Avenida de Oleiros, 99, e a Avenida San José de Calasanz, 1, ambos no Polígono de Elviña, na Coruña.

Arquivo - Cuponazo do ONCE.. ONCE - Arquivo
Arquivo - Cuponazo do ONCE.. ONCE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta