Piden unha prestación estatal para todas as familias numerosas, "á marxe da súa situación económica"

Destacan que de cada dez excedencias laborais por coidado de fillos, nove son de mulleres e só una de homes

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

A Federación Española de Familias Numerosas (FEFN) exporá ao Goberno a creación dunha prestación estatal por coidado de fillos para compensar a perda económica que sofren os núcleos familiares ao reducir a xornada laboral ou coller unha excedencia.

Nun comunicado, a federación salienta que fai falta unha prestación "ampla" e que chegue "a todas as familias, á marxe da súa situación económica", que lles ofreza tanto un soporte monetario como o tempo que necesiten para criar e atender aos seus fillos, "sobre todo na primeira infancia"

A FEFN manifestou este xoves a necesidade de pór en marcha "medidas eficaces", xa que a pesar de existir o dereito de coller unha excedencia por coidado de fillos en España, moitas familias non chegan a pedila porque non poden prescindir deses ingresos.

FOCO NAS MULLERES

Esta proposta nace dun estudo de investigación realizado pola Universidade de Vigo, co respaldo do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que pon o foco nas mulleres debido a que, a pesar das políticas de igualdade e corresponsabilidade dos últimos anos, asumen maioritariamente o coidado dos fillos.

De feito, segundo datos do módulo de conciliación entre a vida familiar e laboral da Enquisa de Poboación Activa (EPA) de 2018, de cada dez excedencias laborais por coidado de fillos, nove son de mulleres e só una de homes.

Neste contexto o estudo incidiu na urxencia de mellorar a responsabilidade compartida para reducir a brecha de xénero en temas de emprego e axudar a que as nais "non sexan as grandes prexudicadas"

Familia
Familia | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta