Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2022 | Actualizada ás 19:13
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves unha modificación á baixa dos valores de referencia catastrais de garaxes en 178 zonas dun total de 387 a efectos dos feitos impoñibles dos impostos sobre transmisións patrimoniais, sucesións e doazóns a partir do 1 de xaneiro de 2023.
Así o trasladan a Europa Press por parte da Consellería de Facenda, que explica que "os valores publicados este xoves só afectan a aqueles bens aos que non se lle aplica o valor de referencia establecido polo Ministerio de Facenda e que fixa a Dirección Xeral do Catastro".
A modo de exemplo, no barrio do Ensanche, en Santiago de Compostela, o valor catastral dun garaxe baixa de 27.000 euros a 24.000 euros, mentres que Alcabre (Vigo) descende de 22.000 a 18.000 euros.
Así mesmo, modifícase á baixa o valor zonal (chan) en: Cabo de Cruz (Boiro), Corcubión, San Pablo (Ferrol), Mondariz Balneario, Ponteceso, Vilalba, Xove e o polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense). Ademais, modifícanse á baixa os coeficientes de cultivo de tres municipios da provincia de Lugo: a propia cidade de Lugo, Viveiro e Trabada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.