Os clubes de lectura dos centros educativos galegos conseguen un terzo dos premios estatais

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/01/2023 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

Os clubes de lectura das bibliotecas escolares galegas foron galardoados con oito dos 24 premios que o Ministerio de Educación concedeu en 2022, o que corresponde a un terzo do total.

Así, o Goberno galego fixo balance dunha das principais apostas en programas educativos que este pasado ano contou coa aprobación da terceira fase do Plan Lectura, Información e Aprendizaxe (LEA) de bibliotecas nacionais.

En concreto, na modalidade para centros de Educación primaria foron galardoados co segundo premio os colexios de Curtis, Laredo (Redondela) e Sofía Casanova (Culleredo). Mentres, foron premiados co terceiro posto o Emilia Pardo Bazán (A Coruña) e o Plurilingüe Antonio Palacios, no Porriño.

Por outra banda en relación cos centros de Secundaria, o primeiro galardón foi concedido ao instituto Santiago Basanta Silva de Vilalba, mentres que o IES Maximino Romeu de Lema, de Zas, e o Sánchez Cantón (Pontevedra) recibiron o segundo premio.

Biblioteca escolar
Biblioteca escolar | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta