Por E.P. | A CORUÑA | 04/01/2023 | Actualizada ás 16:51
Persoal de Vegalsa-Eroski mobilizouse en varias localidades da provincia da Coruña para esixir condicións salariais e laborais "dignas" coa volta ao convenio provincial.
Foi nunha xornada de mobilizacións convocada por CIG-Servizos e co obxectivo de reclamar á empresa a volta ao convenio colectivo do comercio de alimentación da Coruña.
"E recuperar os dereitos perdidos desde o ano 2006 cando Vegalsa-Eroski saíu do marco provincial para aplicar un convenio propio de ámbito estatal e condicións inferiores, negociado por CCOO, UGT e Fetico", segundo a representación sindical.
Así o expuxo tamén a Europa Press Alejandra Formoso, delegada da CIG en Eroski-Familia, que asegurou que, coa aplicación do convenio estatal, en lugar do provincial, as e os traballadores tiveron unha perda de poder adquisitivo.
"As que estaban antes de 2006 uns 20.000 euros e os posteriores a 2006 uns 34.000 euros". A iso, sumou cuestións como a obrigación de recuperar os descansos que, segundo dixo, teñen fixados pola empresa na xornada laboral.
As protestas protagonizáronas na Coruña cuns "reis reivindicativos" na rúa Barcelona, con animación musical e repartición de follas informativas; en Milladoiro, cunha concentración, igual que en Padrón e Ribeira.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.