Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 06/01/2023 | Actualizada ás 12:07
Jesús María Padín, o veciño de Portonovo de 79 anos que desaparecera o xoves, apareceu na mañá deste venres nunha leira da parroquia de Arra, en Sanxenxo.
Segundo confirman fontes municipais, foi un membro do dispositivo de procura o que deu con el pasadas as 11.00 da mañá. Estaba consciente, pero trasladarano a un centro sanitario para facerlle unha revisión médica despois de pasar a noite á intemperie.
O home faltaba da súa casa desde as 16.00 horas do xoves, 5 de xaneiro, cando saíu a dar un paseo como fai habitualmente. Os labores de procura despregáronse entre Sanxenxo, Portonovo e O Grove, xa que o septuaxenario ten por costume percorrer a costa ata San Vicente, entre as praias da Lanzada, Montalvo e lugares rochosos.
Participaron no dispositivo, ademais de amigos e familiares, a Garda Civil, o Seprona, drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Policía Local, Protección Civil e os servizos municipais de Emerxencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.