Continúa o programa de artes escénicas en inglés de Afundación para escolares con The Movie en Ourense

Afundación abrirá tamén desde este martes o prazo de admisión de alumnado para o curso escolar 2023-2024 na súa Escola Infantil Afundación Zalaeta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/01/2023 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

Un total de 464 escolares de secundaria de sete centros educativos de Ourense e comarca gozarán de 'The Movie' este martes, 10 de xaneiro, ás 12.00 horas, no Auditorio Municipal de Ourense.

Con esta función de teatro participativo, Afundación continúa a súa programación de artes escénicas en inglés para escolares. Esta peza teatral céntrase en Edgard e Patricia, dous mozos que se acaban de licenciar e disponse a revolucionar o mundo do cinema. Unha viaxe para reinventar a sétima arte e formar parte do equipo da que se converterá, sen ningunha dúbida, na obra de arte máis xenial, catastrófica e divertida do século XXI.

Por outra banda, Afundación abrirá tamén desde este martes o prazo de admisión de alumnado para o curso escolar 2023-2024 na súa Escola Infantil Afundación Zalaeta na Coruña. Nesta ocasión, o número de prazas efectivas ofertadas son: 8 para bebés, 20 para nenos e nenas de 1 ano de idade e 25 prazas para 2 anos.

Os impresos necesarios para formalizar a solicitude poden recollerse de forma presencial no propio centro, ou a través da web Afundacion.org.

Centro Social de Afundación na Coruña
Centro Social de Afundación na Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta