Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2023 | Actualizada ás 18:39
O número de empresas galegas que auditan as súas contas anuais con carácter voluntario duplicouse na última década, ata alcanzar o 3,2% das compañías, fronte ao 1,47% que o facían en 2010.
As empresas galegas que se auditan sen obrigación legal de facelo superan á media española, que se sitúa no 2,9%, segundo o estudo que acaba de publicar o Instituto de Censores Jurados de Cuentas de España (ICJCE).
En colaboración coa Universitat Pompeu Fabra de Barcelona e a cátedra Mango, o estudo analiza datos de 200.000 empresas españolas con máis de 500.000 euros de facturación anual na década 2010-19.
"Os resultados das empresas auditadas en Galicia son significativamente máis elevados e creceron máis que os das empresas non auditadas", sinala o estudo dirixido polos profesores Jordi Puig e Marta Segura, da Pompeu Fabra.
A mediana de resultados das empresas galegas que se auditan supera os 300.000 euros anuais, mentres que o beneficio das non auditadas non chega aos 50.000 euros de mediana. A mostra recolle ás empresas que superan os 500.000 euros de facturación anual.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.