Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 14/01/2023 | Actualizada ás 22:00
A legalización do cánnabis é un tema que, canto menos, xera controversia entre a poboación. Legalización si? Legalización non? En que medida? Para que usos? Todas estas son cuestións que dende o Goberno chegaron a plantexarse no momento en que decidiron que legalizar o uso do cánnabis menciñal era unha boa idea, alá por xuño do pasado ano 2022. A día de hoxe, aínda nada máis se sabe ao respecto.
E é que falar de cannabis menciñal pode ser a antesala de outras moitas cousas, de moitos outros perigos. Nun estudo publicado polo doutor en Psicoloxía e profesor na Universidade de Vigo (UVigo), experto en trastornos aditivos en menores, Manuel Isorna, exponse que "antes da legalización do cánnabis recreativo en certos países, previamente legalizárase o cánnabis menciñal en varios estados de Estados Unidos e Canadá".
Tamén se reflexa que nos países que amosaron unha actitude máis favorable cara a legalización do cánnabis é nos que había un maior consumo. Por exemplo, un ano antes da legalización do cánnabis en Canadá había un 15 % de consumo e un 2,8 % que xa era calificado como problemático.
Ante o recente avance da regulación do cannabis en varios países, prevese que o mercado europeo do cánnabis acade os 123.000 millóns de euros no ano 2028. Para este cálculo, bótase man de datos coma que os estadounidenses gastaron uns 6.700 millóns de dólares en produtos de cánnabis legal en 2016.
E por que é agora cando unha gran parte da sociedade a nivel mundial esixe esa legalización? A resposta a esta cuestión non é sinxela, pero Manuel Isorna ten claro que parte da aceptación desta droga como algo 'normal' débese ás moitas e moi diversas estratexias que a industria cannábica puxo en marcha ao longo do tempo e que, cada vez máis, están moi enfocadas á captación de consumidores mozos.
Así, como se fai para vender calquera outro produto a un tipo de público determinado, estudaron que é o que lle gusta a este colectivo, as súas aficións, rutinas e formas de entretemento, para entrar pouco a pouco en momentos da súa vida que poidan relacionar coa felicidade. Isto levará a que tamén asocien ao cánnabis como algo positivo.
SERIES QUE AMOSAN O CÁNNABIS COMO SUBSTANCIA INOCUA QUE DA CARTOS
Exemplos disto danse coa introducción do cánnabis como sustancia inocua e usada para facilitar a diversión durante as festas en moitas series de televisión de plataformas como Netflix ou HBO. Por exemplo, algunhas destas producións son 'Mac & Devin go to high school', filme do ano 2012 cuxos protagonistas son os rapeiros Snoop Dog e Wiz Khalifa, onde se opón a imaxe de rapaz estudoso á dun 'porreiro' repetidor dende un punto de vista cómico; ou 'Disjointed', un serial cómico do ano 2017 no que unha defensora da legalización da marihuana se convirte na dona dun dispensario de cannabis nos Ánxeles.
O mesmo ocorre na serie 'Weeds', que tal e como destaca Manuel Isorna no seu estudo é a serie cannábica máis longa da Historia, con 8 temporadas (arrancou no 2005) nas que conta como a protagonista reubica o seu próspero negocio de marihuana nunha comunidade preto da fronteira estadounidense con México, mentres que os seus socios se gañan a vida facendo cruzar a ilegais a EE.UU. E tamén 'Pineapple Express', do 2008, que mostra como un traballador que entrega citacións legais acaba mercando marihuana a un 'camello'.
A lista é moi longa, e só por mencionar algunha máis, estaría 'Green is Gold', una película do 2016 que expón a vida dun rapaz de 13 anos que cando meten ao seu pai no cárcere quédase ao coidado do seu irmán, que cultiva marihuana no norte de California. Ou 'The Beach Bum', un filme que conta como un escritor que consume cerveza e marihuana aproveita a inspiración para crear unha gran novela.
VIDEOXOGOS PARA APRENDER A CULTIVAS E CRUZAR AS VARIEDADES
Por outra banda, se algo lle gusta aos mozos e mozas son os videoxogos e os xogos para o móbil, que xa de por si crean adicción. Neste caso desenvolvéronse toda unha serie de exitosos xogos (como apunta o número de descargas que teñen) nos que os participantes aprenden sobre o cultivo e o negocio da marihuana: Cannabis GrowBox, Weed Firm, Firm Extreme: Free Match 3 Puzzle Game, Weed Block Pluzze, Granja de hierba Wiz Khalifa, Helix Weed Game 3D, Gangster Mafia Crime City Thug Weed Game 3D... O listado é interminable.
En xeral, segundo expón o doutor en Psicoloxía e profesor da UVigo no seu informe, todos teñen unha mesma misión: amosar aos xogadores como se pode facer un facilmente millonario ou rico co cultivo, distribución e venta de cannabis. A través de diferentes niveis permiten o cultivo de variedades populares, cruzalas para obter novas cepas, renovar os equipos para manter as plantas, subastalas, puxar por mercadoría...
INFLUENCERS COMO VEHÍCULO DE 'FAKE NEWS'
E como non podía ser doutro xeito, tamén tirar man de 'influencers', é dicir, de persoas amplamente seguidas polos mozos e mozas do noso país, foi unha porta de entrada para normalizar o consumo de cánnabis. Redes sociais como Instagram ou YouTube son proba do que acontece. Por exemplo, nesta última plataforma, ademais de vídeos cunha inclinación informativa ou de desafíos para ver quen fuma cantidades máis abundantes, Isorna expón que tamén hai aqueles nos que só aparece o usuario fumando.
"Moitos usuarios simplemente van a estes canais para estar acompañados doutros fumadores". Algúns casos son o canal de StrainCentral (actualmente con 440.000 seguidores), Kimmy Tan (con 625.000) ou Coral Reefer (con 115.000). Estamos a falar de xente que xa cobra grandes cantidades de diñeiro únicamente porque outros usuarios da plataforma consuman os seus vídeos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.