Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2023 | Actualizada ás 18:59
A Fundación Franz Weber solicitou implantar unha moratoria ou tempo morto na caza de determinadas especies como os raposos, como sucedeu en Luxemburgo no ano 2015.
Así, a asociación animalista expuxo prohibir a caza destes animais que son obxecto de centos de batidas e mesmo "campionatos" achegando o exemplo do ducado de Luxemburgo, onde por mor da moratoria lograron estabilizar a poboación de raposos e diminuír as enfermidades relacionadas con eles.
Dita proposta contrasta co apoio de rexións europeas como Galicia, que mantén a aposta polas convocatorias de subvencións de caza, permisos para realizar competicións e a consideración das mesmas como un deporte.
A ONG denuncia que a propia Xunta de Galicia permite estas "matanzas" sen un estudo científico que defenda esta actividade que tan só no período entre 2011-2017 cobrou a vida de 75.000 raposos na comunidade.
Ademais, resaltaron que en máis de 95% do territorio se permita unha actividade que definen como "ultraminoritaria" xa que tan só é practicada polo 1,37% da poboación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.